É a alternativa ao posicionamento orgánico cando se requiren resultados inmediatos, sen a necesidade de retocar o código da nosa web nin esperar a que a nosa web colla importancia nos buscadores.
En colaboración co departamento de Mercadotecnia estudamos a posición da súa empresa en Internet e deste xeito confeccionamos a campaña de publicidade máis apropiada para que a relación custo/visita sexa a menor posible.
Para esta tarefa utilizamos as últimas ferramentas relacionas con Google Adwords como, por exemplo, Google Optimizer que nos axuda a mellorar o cociente de conversión deixando que sexan os visitantes os que nos indiquen que páxinas funcionan mellor da nosa web.